Con la tecnología de Blogger.
RSS

OBSERVATORIO DE AVES GUILLELME BROWN



O mércores 4 de maio inauguramos o noso observatorio de aves  e foi un gran acontecemento no colexio no que participamos todos.








Fronte ó observatorio fixemos unha poza e un pequeno humedal rico en nutrientes para os paxaros que veñan beber na poza. Coa intención de atraelos, intentamos crear un ecosistema que aporte auga, alimento, sombra,…e así poder observar as diferentes especies que viven por aquí e gozar dun entorno que é un privilexio para todos.









Este artigo é un agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia:

MOITAS  GRAZAS!!!!!



  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS

ESTIVEMOS NA XVII EXPORECERCA

E xa son moitas as que levamos!
Porque o Guillelme Brown participou na II Exporecerca que tivo lugar no pabillón de deportes do Val de Hebrón no ano      2000 e de alí importamos a idea para facer a nosa Expociencia Guillelme Brown, que neste marzo fixo a número XV.
Xa choveu!!!
Pero nós continuamos coa mesma ilusión sabendo que é un bo método de traballo o que nos leva alí e somos conscientes de que a proposta didáctica que facemos para os nosos alumnos é excelente. Velaí algunhas das cousas que fixemos este ano en Barcelona


Paseamos polo Paseo de Gracia para ver algunhas das casas que fixo Gaudí coma a Casa Batllo e a Pedrera


Estivemos no parque Güell



Paseamos o Barrio Gótico e degustamos un xelado que mercamos nunha das xeladerías italianas máis famosas da cidade condal.


Dende o Barrio Gótico chegamos ás Ramblas onde observamos os famosos “mimos” que se sitúan nelas e ata estivemos con Colón que nos dixo cara onde quedaba América. Tamén visitamos o famoso mercado da Boquería.
Na Universidade Ramón Llull,  no edificio que dedica a Enxenería e Arquitectura,  estivemos durante 3 días expoñendo  os nosos traballos









  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS